O 2026 comezou en Lousame con moito movemento. O concello está a impulsar diferentes obras de mellora ao longo de todo o termo municipal e o alcalde da localidade, Esteban Ares, mantivo numerosas reunións de traballo para seguir impulsando Lousame. Unha destas xuntanzas foi co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que lle compartiu as necesidades da vila.
ALCALDE LOUSAME SOLICITOU Á XUNTA ACTUAR NA ESTRADA AUTONÓMICA DO MUNICIPIO


