Vén de rematar unha nova Semana Santa e son moitos os que coinciden: había tempo que non se vía unha acollida igual. Os fieis, a veciñanza e os visitantes encheron as rúas do Barbanza para asistir ás numerosas procesións que se viviron en todos os concellos. O bo tempo foi un gran aliado xa que as confrarías puideron desenvolver todas as actividades programadas e estas tiveron unha gran resposta cunha marea humana asistindo aos actos.
A SEMANA SANTA REMATOU CON GRANDES CIFRAS NO BARBANZA


