Nova iniciativa impulsada polo Concello de Lousame centrada no benestar emocional das persoas maiores de 60 anos en situación de vulnerabilidade por factores sociofamiliares e ou de saúde. A mediados de abril arrancará o programa “Cóidate acompañado”, proxecto financiado ao 100% pola Deputación da Coruña, e que será impartido pola psicóloga Isabel Fabeiro.

