O concello de A Pobra do Caramiñal elaborou unha atractiva proposta de actividades para dinamizar o sector hostaleiro e o do comercio durante esta Semana Santa.
O domingo dia 9 un catamaran saira dende o porto da Pobra ata a illa de Sálvora, unha actividade tan demandada que precisou de ampliación de prazas. A praza do emigrante vai acoller o domingo 16 ás 6 da tarde os bailes do mundo, coa finalidade de entreter e ensinar os diferentes bailes tipicos de varios paises. Obradoiro de xoguetes artesáns para nenos e outras actividades completarán a oferta de ocio para estes dias.
O concello da Pobra ofrece un amplo abano de actividade esta Semana Santa
Please login to join discussion