Icono del sitio CanalBarbanza.com

ÉXITO NA SEGUNDA EDICIÓN DE “DE POBRA A PORTOSÍN, TAPEANDO POLO MAR”

A Asociación de Empresarios da Pobra impulsou por segundo ano seguido a ruta “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”, iniciativa que se desenvolveu no municipio pobrense, en Portosín e en Ribeira estas tres últimas fins de semana. Máis de 50 locais hostaleiros dos tres concellos participaron e elaboraron diferentes propostas cada semana co protagonismo para o mexillón, o atún e a anchoa. Púxose esta fin de semana o seu peche, actividade na que colabora tamén por segunda vez a Xunta.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil