A Xunta activou un plan de 157 millóns de euros con vinte liñas de actuación para apoiar aos sectores máis afectados pola guerra en Oriente Medio e ás familias máis vulnerables. A iniciativa inclúe medidas de choque enerxético, apoio financeiro ás empresas e protección social, con especial atención á liquidez das pemes a través de préstamos, así como axudas aos sectores pesqueiro e agrario e actuacións para reducir o impacto da subida dos custos enerxéticos nos fogares.
O CONSELLO DA XUNTA APROBA UN PAQUETE DE MEDIDAS ECONÓMICAS E CULTURAIS


