Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña destina 650.000 € a entidades para a mellora da calidade e actividades turísticas

Entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos son os destinatarios da liña de subvencións da Área de Turismo da Deputación que apoiará iniciativas par a mellora da calidade, competitividade e iniciativas turísticas. A liña está dotada con 650.000 €.

Actividades encamiñadas á mellorar a calidade, a competitividade e a organización en entidades do sector turístico así como a organización de eventos e iniciativas turísticas realizadas por entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos son as iniciativas obxecto da convocatoria publicada pola Área de Turismo da Deputación.

“A liña de axudas responde á vontade de promover os seis xeodestinos da provincia cun turismo de calidade, con avances decididos na profesionalización e a modernización de maneira que nos sitúe á cabeza do sector turístico”, sinalou o responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

En canto ás actuacións en materia de calidade, valoraranse especialmente os plans de formación encamiñados á mellora da calidade dos servizos e actualización e profesionalización dos sectores directamente relacionados coas actividades turísticas.

A liña de axudas contempla tamén a organización e celebracións de eventos e o desenvolvemento de produtos, ámbito que ten como obxectivo acoller aquelas actuacións e propostas dinamizadoras que melloren a experiencia turística no entorno, con vontade de continuidade do tempo. Será obxecto de subvención tamén a xestión técnica dos entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.