Mañá entra en vigor o horario de verán, co adianto dunha hora nos reloxos durante a madrugada. Ás dúas, serán as tres, nun cambio que, como cada ano, non deixa indiferente á cidadanía.
A maioría da veciñanza móstrase favorable a este novo horario, destacando principalmente o aumento das horas de luz pola tarde. Segundo explican, este cambio permítelles aproveitar mellor o día, realizar máis actividades ao aire libre e alongar a sensación de xornada.
ESTA FIN DE SEMANA VOLVE A CAMBIAR A HORA: ÁS DÚAS DA MADRUGADA SERÁN AS TRES, DANDO PASO AO HORARIO DE VERÁN


