No día de hoxe tivo lugar o pleno ordinario no Concello da Pobra do Caramiñal, onde as mocións presentadas polo grupo municipal do PP foron as protagonistas dunha serie de debates no propio acto político.
A primeira moción que se presentou dende o Partido Popular xiraba en torno a fomentar o empadroamento debido ao problema de envellecemento e perda de poboación. Por esta razón, propuxeron unha serie de medidas, entre as cales, destacou principalmente a creación dun bono municipal de nacemento ou adopción.
REXEITADAS AS MOCIÓNS DO PP SOBRE NATALIDADE E A ESCOLA DA GRANXA NA POBRA


