Madrid volveu a ser o lugar elixido para celebrar unha nova reunión entre a patronal conserveira e os sindicatos e nesta ocasión a xuntanza rematou con acordo. CCOO e UXT subscribiron coa Federación Española de Asociacións de Industrias de Transformación e Comercializadores de Produtos da Pesca e da Acuicultura o convenio colectivo do sector da conserva que estará vixente ata o 2030. Sen embargo a CIG fai unha valoración negativa deste acordo.
SINDICATOS E PATRONAL PECHARON O ACORDO DO NOVO CONVENIO DA CONSERVA


