O encontro celebrouse no restaurante O Trapeiro, reunindo veciños e veciñas maiores de 60 anos nunha xornada de convivencia marcada pola música, o xantar e o recoñecemento.
A cita estivo presidida por primeira vez polo alcalde, Esteban Ares, acompañado polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, así como por membros da corporación municipal e representantes dos distintos grupos políticos.

