Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA PREVÉ PERDER 120 MILLÓNS POLAS MEDIDAS POLA GUERRA DE IRÁN

Esta mañá celebrouse un novo Consello da Xunta onde se trataron temas de actualidade. Un dos primeiros en abordarse foi o vencellado ás medidas aprobadas polo Goberno central para facer fronte á crise provocada pola guerra que se está a producir en Irán. O titular do executivo autonómico, Alfonso Rueda, advertiu que as accións impulsadas dende Madrid para paliar os efectos da guerra terán un impacto directo nas arcas de Galicia xa que se deixarán de ingresar 120 millóns de euros nos tres meses que estarán inicialmente en vigor.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil