O Teatro Colón da Coruña acolleu na tarde noite do venres a Gala dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña. É a cuarta vez que o ente provincial destaca aos deportistas da provincia e nesta ocasión participaron máis dun cento de persoas, clubs e entidades para poñer en valor o traballo e os logros do deporte da provincia.

