A igrexa de San Martiño de Fruíme acolleu o mércores pola noite a presentación á veciñanza de Lousame da campaña que impulsa o concello denominada “Zernadas de Castro 27”. Con ela o Goberno municipal quere promover a candidatura do cura de Fruíme como homenaxeado no día das Letras Galegas do vindeiro ano.

