O Centro Rural Agrupado de Rianxo foi o lugar escollido para desenvolver parte do programa Observa_Acción, impulsado pola Xunta para impulsar o intercambio de boas prácticas entre profesorado. Nesta ocasión compartiron métodos de traballo e de ensino docentes do CRA rianxeiro e de Los Olivos, de Madrid.
DOCENTES DE MADRID E DE RIANXO INTERCAMBIARON BOAS PRÁCTICAS A TRAVÉS DUN PROGRAMA DA XUNTA


