Galicia sitúase en niveis de paro inferiores ao comezo da crise económica ao pechar marzo con 21.741 desempregados menos

Galicia pechou marzo cunha caída no paro rexistrado de 21.741 persoas con respecto a hai un ano, unha redución do 9,38%, o que sitúa a Galicia en niveis de paro inferiores ao comezo da crise económica, a hai 8 anos (marzo de 2009). Así o valorou hoxe a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, quen indicou que é a maior caída nun mes de marzo desde hai polo menos 20 anos, de toda a serie histórica (1996). Tamén sinalou que o desemprego na comunidade reduciuse por cuarto ano consecutivo nun mes de marzo, ao tempo que subliñou que o paro está baixando de xeito consecutivo desde hai máis de 3 anos.
Neste contexto, salientou que a recuperación económica estase a consolidar en Galicia “cun emprego de calidade” ao explicar que as afiliacións e as contratacións están medrando. “

https://www.youtube.com/watch?v=xDRv4me1dFA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.