Cunha inversión de 450.000 euros a Consellería de Medio Ambiente da Xunta pon en marcha un novo servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia. 18 persoas encargaranse durante os 365 días do ano de atender ós visitantes que se acheguen ós parques naturais de Corrubedo, Fragas do Eume, Monte Aloia e Baixa Limia-Serra do Xurés, ós que ao longo deste mes sumaranse o do Invernadoiro e a Serra da Enciña da Lastra. Esta é unha das medidas postas en marcha pola Consellería de Medio Ambiente para dar a coñecer estes espazos para que se mellore a concienciación na sua protección.
Medio Ambiente pon en marcha o novo servizo de atención aos visitantes nos parques naturais de Galicia.
Please login to join discussion