A librería El Cisne de Boiro foi o lugar escollido para dar a coñecer a nova liña de axudas impulsada polo Goberno central e que beneficiará ás familias galegas. O delegado do Goberno, Pedro Blanco, recordou que o Ministerio de Educación achegou á Xunta 13,5 millóns de euros nos últimos cinco anos do Programa de Cooperación Territorial para financiar libros de texto e material didáctico. Cantidade á que se sumou recentemente unha nova achega.
O GOBERNO CENTRAL DESTINA 2,4 MILLÓNS DE EUROS A GALICIA PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


