Representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa mantiveron unha xuntanza co delegado do Goberno para analizar a situación do sector e trasladar as súas principais preocupacións. A entidade asegura que a crise que vive o marisqueo require medidas urxentes e denuncia falta de actuación por parte da administración autonómica.

