O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe no acto de presentación das conclusións extraídas do proceso de escoita activa impulsado pola Xunta para a elaboración da Estratexia galega de protección das persoas consumidoras 2026-2030, un texto que comprometeu para o primeiro semestre deste ano. Con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias que se celebra esta semana, o conselleiro destacou as “moitas e boas ideas” recollidas nunha decena de encontros con distintas entidades que —asegurou— se incorporarán á Estratexia para dar resposta aos principais retos no eido do consumo.
A XUNTA CONTARÁ COA NOVA ESTRATEXIA GALEGA DE PROTECCIÓN DAS PERSOAS CONSUMIDORAS 2026-2030 NO PRIMEIRO SEMESTRE DO ANO


