O Concello da Pobra do Caramiñal xa iniciou por vía de emerxencia as obras de reparación nun tramo do paseo marítimo dos Areos tras detectarse un risco serio de derrubamento.
A acción continuada dos temporais, mareas e correntes mariñas provocou o lavado progresivo da cimentación do muro, o que acabou descalzando a estrutura e reducindo a súa estabilidade nun tramo duns 90 metros. Esta situación, segundo afirman dende o concello, precisaba ser atendida canto antes.
NA POBRA DO CARAMIÑAL INICIÁRONSE POR VÍA DE EMERXENCIA AS OBRAS DE REPARACIÓN DO PASEO DOS AREOS


