O Concello da Pobra reafirma a súa aposta polo baile e a formación aos máis pequenos coa segunda edición do programa “Xoga ao Baile Deportivo”. Mañá mércores arranca esta iniciativa no Salustiano Rey Eiras da man do Taller Alecrín e en colaboración coa Concellería de Cultura e a ANPA Banda Seca.

