O Concello de Noia vén de sacar a licitación a actuación que permitirá dotar de subministros básicos ao albergue da Chaínza, unha intervención imprescindible para que a instalación poida abrir as súas portas.
O proxecto conta cun investimento de 44.000 euros procedentes de fondos europeos e inclúe a instalación dos servizos de electricidade, auga e saneamento, dos que carecía o edificio ata o momento.
Noia licita os servizos básicos para o albergue da Chaínza


