Hoxe, 6 de marzo, é o Día Europeo da Logopedia. O Comité Permanente de Logopedas da Unión Europea impulsou esta efeméride para dar visibilidade a esta especialidade sanitaria, aos seus profesionais e para concienciar á sociedade sobre os trastornos da linguaxe e a comunicación. Unha profesión e especialidade menos recoñecida pola sociedade.

