Este ano a Deputación da Coruña desenvolve unha nova edición do programa PEL-Concellos, unha das principais liñas do Plan de Emprego Local. Este 2026 o ente provincial destina preto de 3,5 millóns de euros na liña PEL-Concellos para contratar a máis de 400 persoas desempregadas, buscando impulsar a inserción laboral e mellorar a prestación de servizos municipais.
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA INVISTE 3,5 MILLÓNS DE EUROS PARA CREAR MÁIS DE 400 EMPREGOS NA PROVINCIA A TRAVÉS DO PEL-CONCELLOS


