Icono del sitio CanalBarbanza.com

A MATERIA DE RELIXIÓN CONTINÚA PERDENDO ALUMNADO NOS CENTROS EDUCATIVOS E REABRE O DEBATE SOBRE O SEU FUTURO

A caída do alumnado na materia de Relixión segue abrindo debate na comunidade educativa. Nos últimos cinco anos, a asignatura perdeu case 370.000 estudantes en España tras a aplicación da Lei Orgánica de Modificación da LOE, unha tendencia que tamén se deixa notar en varias comunidades autónomas.
Ante esta situación, unha parte importante da cidadanía considera que a materia debería manterse no sistema educativo, pero con carácter voluntario. Defenden que sexan as familias e o alumnado quenes decidan libremente se cursala ou non.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil