O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe a nova sede xudicial da Coruña, na antiga Fábrica de Tabacos, como un piar máis no compromiso de reforzar o sistema xudicial galego.
Durante o acto de inauguración, Feijóo salientou que a Xustiza coruñesa pasa de ter preto de 40.000 metros cadrados de superficie a ter preto de 52.000, 13.000 metros cadrados máis para albergar: as cinco sedes da Audiencia Provincial, a Fiscalía Provincial, o Xulgado de Menores, o Xulgado de Vixilancia Penitenciaria, a Secretaría Provincial de Coordinación, a Xunta Electoral Provincial, a Mutualidade Xeral de Funcionarios de Xustiza e despachos para as organizacións sindicais.
Un novo edificio xudicial que permite consolidar as infraestruturas xudiciais da cidade recuperando para uso de todos os coruñeses un inmoble senlleiro, e que dota a Administración de Xustiza dunhas infraestruturas idóneas para os que nela traballan e para os milleiros de cidadáns que as utilizan cada día.
Feijóo destaca a nova sede xudicial da Coruña como un piar máis no compromiso de reforzar o sistema xudicial galego
Please login to join discussion