A ría de Muros-Noia enfróntase a unha das peores crises marisqueiras dos últimos anos. O pósito noiés constata a morte do 80% do berberecho e entre o 90 e o 95% da ameixa babosa tras o paso continuado de borrascas e a drástica baixada da salinidade da auga.
Os muestreos realizados pola confraría xunto con biólogos amosan un escenario demoledor: apenas resistiu un 60% da ameixa xapónica, sendo o único molusco que podería ter saída comercial.
Desde o Concello de Noia, o concelleiro de Mar, Manolo Seijas, asegura que a situación era previsible e reclama actuacións estruturais.
Muros-Noia: O marisqueo ao bordo do colapso polas verteduras do Tambre


