Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POBRA DO CARAMIÑAL INICIA UN NOVO SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO EN MATERIA DE ESTRANXEIRÍA

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de poñer en marcha un novo servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría, dirixido a persoas migrantes, emigrantes retornadas e solicitantes de protección internacional en situación de vulnerabilidade.
O asesoramento será prestado polas avogadas da Asociación de Migrantes de Galicia, AMIGA, en coordinación cos Servizos Sociais comunitarios.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil