O Noia Suma E Segue No Fútbol Do Barbanza

O Boiro caeu en Pasarón cun gol en propia porta no 93. Talvez o esforzo físico acadado na Copa Federación pasou factura no período final. Iso foi o que lle sucedeu ao conxunto de Juan Carlos Andrés, que maniató ao cadro granate salvo no minuto 93, onde unha falta de entendemento entre Lorenzo e Cardeñosa condenou ao Boiro cando faltaba un minuto para a finalización. O defensa meteu a pelota na súa propia portería.

O Noia, pola súa banda, suma e segue. O conxunto se Joaquín Miguéns está facendo unha tempada espectacular. Onte superou ao Residencia nunha boa segunda metade na que dominaron ao seu rival e incluso puideron aumentar a diferenza no tenteador. O gol de Mario no minuto 11 deulle tres valiosísimos puntos para seguir no máis alto da clasificación de Preferente. Remataron cun marcador 1-0 a favor do Noia.

O Ribeira tamén caeu de forma inesperada esta fin de semana ante un Betanzos que foi superior e soubo aproveitar as súas ocasións. 1-3. Os locais estiveron bastante espesos durante os noventa minutos e foron incapaces de facer o xogo que viñan desenvolvendo nas últimas xornadas.

http://youtu.be/sn6nywzPxhQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.