A Semana Santa soe ser esa tempada que se agarda con ansias, e é que é o momento no que moita xente aproveita as súas vacacións para poder viaxar. En concellos como Boiro, os establecementos hoteleiros contan xa cun 50% das reservas pechadas e as previsións son positivas. A expectativa é clara: acadar o cheo durante os días centrais da Semana Santa.

