Durante unha visita ás instalacións do balneario Caldas de Partovia, o titular da Xunta referiuse ao termalismo como un modelo de calidade, estable, descentralizado e desestacionalizado. Feijóo insistiu no compromiso co sector, a través do Plan de turismo termal, unha estratexia que recolle as liñas fundamentais para o desenvolvemento do sector: para planificar; para facer infraestruturas termais- creación, mellora e diversificación-; para integrar produtos termais; para potenciar o coñecemento neste eido, e para promover o termalismo.
Feijóo anuncia unha lei de augas termais para definir, organizar e ordenar todas as capacidades do sector e poñelo en valor
Please login to join discussion