Alumnos e mestres do IES Leliadoura de Ribeira manifestáronse esta mañá ás portas do centro educativo para solicitar a conexión do centro á fibra óptica.

Dende o centro lamentan que non se inclúa ó Instituto dentro do programa Escuelas Conectadas de Galicia de Red.es, cunha dotación de preto de 18 millóns de euros, cando so faltan 300 metros para achegar o cable ao Instituto. equipos.

A estas declaración respostaron dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, apuntando que o IES Leliadoura é un dos 820 centros educativos públicos galegos que se beneficiará da iniciativa de Escola Escolas Conectadas, impulsada pola entidade estatal Red.es, que en Galicia se desenvolve en colaboración coa Xunta para dotar de acceso a redes ultrarrápidas a todos os centros públicos de primaria e secundaria .

https://www.youtube.com/watch?v=-TT2rfQ8AOo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.