Os traballos permitiron renovar por completo o sistema de auga quente sanitaria do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. O antigo sistema de gas foi substituído por unha bomba de calor aire-auga, unha tecnoloxía máis eficiente que aproveita a enerxía do aire exterior para quentar a auga.

