Unha guía reúne por vez primeira o legado das CASAS-MUSEO VALLE-INCLÁN de VILANOVA DE AROUSA e da POBRA DO CARAMIÑAL

As casas-museo Valle-Inclán de Vilanova de Arousa e mais da Pobra do Caramiñal contan por vez primeira cunha guía conxunta, que tamén incorpora as rutas valleinclanianas nestes dous municipios. A publicación nace ao abeiro das iniciativas promovidas co gallo do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán, unha celebración colectiva que tivo lugar en 2016 e á que se lle dá continuidade tamén neste ano.
Esta información, que se ilustra con numerosas imaxes das pezas e dos espazos comentados, acompáñase dunha parte de contidos dedicados ás rutas valleinclanianas nos concellos de Vilanova de Arousa e da Pobra do Caramiñal, o que fai das guías “un manual completo e de grande utilidade para todas aquelas persoas que queiran descubrir a Valle-Inclán tanto a través da súa obra como tamén dos seus espazos vitais”.
Ademais dos visitantes das casas-museos, as persoas interesadas tamén poden conseguir a guía solicitándoa a través da páxina web da Libraría Institucional da Xunta de Galicia, en https://libraria.xunta.gal/es/guia-valleinclaniana-casa-museo-valle-inclan-vilanova-de-arousa-museo-valle-inclan-a-pobra-do, abonando os portes do envío postal.

https://www.youtube.com/watch?v=5SCJAhyJxZ4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.