Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONSELLO DE MINISTROS DEU LUZ VERDE Á SUBIDA DO SALARIO MÍNIMO ATA OS 1.221 EUROS EN 14 PAGAS

O Consello de Ministros aprobou a nova subida do Salario Mínimo Interprofesional, que queda fixado en 1.221 euros brutos ao mes en 14 pagas, un 3,1% máis que en 2025. A medida, impulsada polo Goberno presidido por Pedro Sánchez e acordada polo Ministerio de Traballo que dirixe Yolanda Díaz xunto cos sindicatos, terá carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2026.
En termos anuais, o SMI sitúase en 17.094 euros, cunha retribución de 9,55 euros por hora traballada. Segundo estimacións sindicais, o incremento beneficiará a arredor de 1,66 millóns de persoas asalariadas.
A subida foi, xeralmente, ben recibida entre a sociedade.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil