O anuncio realizouno hoxe en Santiago o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. A nova folla de ruta substituirá á estratexia 2022-2025, actualmente en avaliación, e reforzará as medidas xa implantadas nos últimos anos.
A XUNTA DE GALICIA ANUNCIA UNHA NOVA ESTRATEXIA GALEGA DE CONVIVENCIA ESCOLAR CENTRADA NA TOLERANCIA CERO FRONTE AO ACOSO


