Máis De Cen Pezas Evocarán A Construción, Historia E Naufraxio Do Santa Isabel Na Máis Ambiciosa Exposición Celebrada En Ribeira

Exactamente cen anos despois da posta da quilla á embarcación Santa Isabel na factoría de Ribagorda en Cádiz –labor acontecido o 28 de outubro de 1914-, o Concello vai inaugurar a -en palabras do alcalde Manuel Ruiz- “exposición máis importante de cantas se realizaron en Riveira”.

Será este martes ás 20.30 horas cando “O Santa Isabel: Emigración, Traxedia, Heroísmo” abra as súas portas no Auditorio Municipal. O rexedor riveirense estivo acompañado no acto de presentación pola delegada de Cultura, Elvira Pisos, e pola comisaria da mostra e responsable da Sala Museo Municipal, Pilar Casas.

Ruiz Rivas salientou o especial sentimento que esperta aínda hoxe este suceso entre a veciñanza do municipio, ao tratarse do maior naufraxio ocorrido nas nosas costas e ante actitude heroíca dos veciños, encarnada principalmente nas Heroínas de Sálvora.

http://youtu.be/YBkI9sRqf1s

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.