Sesenta alumnos do IES Virxe investigan sobre o berberecho dirixidos por unha catedrática da Universidade de Vigo

No marco do proxecto proxecto Climántica, Alumnos do Ies Virxe do Mar de Noia investigan sobre o berberecho, unha investigación científica en colaboración cos campus de excelencia internacional de Galicia, no marco da Alianza estratéxica para a innovación educativa EduCO2cen – Erasmus+, aprobada e financiada pola Unión Europea . Coordinada polo Ies Virxe do Mar de Noia, esta experiencia piloto comezou esta mañá na praia de Testal baixo a dirección da catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo, e coa colaboración da Confraría de Mariscadores. Con esta investigación preténdese iniciar unha serie periódica de datos significativos anuais sobre o recrutamento de berberechos en Testal, formando parte dunha metodoloxía de investigación fundamental para facer o seguimento de posibles incidencias futuras do cambio climático sobre este recrutamento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.