A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe en Vigo na inauguración do taller Cumprimento das normas de captura do atún nas organizacións rexionais de pesca. Alí demostrou a vontade de Galicia para “contribuír e ser puntal na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada”.
O obxectivo, subliñou, é “conservar o noso medio de vida en termos ambientais, sociais e económicos e en termos de igualdade”. Neste sentido, defendeu as mesmas regras do xogo para as empresas que comercializan no mesmo mercado para outorgar “unha garantía de valor ás boas prácticas pesqueiras”.
https://www.youtube.com/watch?v=sedUz0DYTzc