Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA O PAPEL DE GALICIA NO SECTOR DA AUTOMOCIÓN

Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participaron no acto de celebración do vehículo número 15 millóns transportado a través do Porto de Vigo. O titular do Goberno galego puxo en valor o peso específico de Galicia no sector da automoción, lembrando que 1 de cada 4 vehículos fabricados en España o pasado ano saíu da factoría de Stellantis en Vigo, consolidando así o selo Galicia Calidade no mercado global.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil