Mañá sábado 25 de marzo hai que adiantar os reloxos, ás dúas da mañá serán as tres. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), salienta que o cambio de hora previsto para esta fin de semana representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%. Este cambio de hora permite un maior aproveitamento das horas de luz, o que suporá empregar a luz solar para a realización de distintas actividades durante o día, reducindo deste xeito os consumos enerxéticos. Os cidadáns non están tan convencidos, apuntan que a hora mellor como está agora.
O cambio de hora desta fin de semana supón un aforro enerxético próximo ao 0,4% no consumo eléctrico en Galicia
Please login to join discussion