Icono del sitio CanalBarbanza.com

CABANETÁN TERÁ NOVO CÉSPEDE GRAZAS Á UNIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E DO CONCELLO DE LOUSAME

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o Concello de Lousame. O principal motivo foi asinar co alcalde do municipio, Esteban Ares, o convenio de colaboración entre as dúas administracións para impulsar a renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal de Cabanetán. Obra que ten un orzamento total de 204.781 euros.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil