Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Parlamento acolle unha tensa sesión de control sobre sanidade e vivenda

O Pazo do Hórreo volveu a acoller unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia, momento que os partidos da oposición puideron aproveitar para lanzar preguntas ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afondando así en temáticas que, actualmente, preocupan na sociedade.
O portavoz do PSdeG, José Ramón Besteiro, foi o encargado de iniciar o pleno un día máis. O portavoz socialista acusou ao actual goberno galego de estar utilizando a confusión e a desinformación como principal forma de mandato. Alega que en áreas como a sanidade, a vivenda pública ou a enerxía, entre outras, os bulos non fan máis que aparecer expandidos polos populares.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil