Licitación de catro quioscos de hostalería de verán en terreos municipais no entorno das praias de COROSO, TOURO e AMEIXIDA

O Concello de Riveira saca a licitación da instalación de catro quioscos de hostalería non permanentes con terrazas en terreos de titularidade municipal na tempada de verán.

Así, segundo o anuncio de licitación publicado hoxe no BOP, estes elementos situaranse no entorno das praias de Coroso (2), O Touro e A Ameixida. Ábrese un período de 15 días hábiles para presentar ofertas.

O prego de condicións que rexerán a adxudicación destes postos indica que o prazo da autorización para ocupar os terreos de titularidade municipal será de catro meses (do 1 de xuño ao 30 de setembro). Para os postos de Coroso e Touro, ao estar enclavados en zona de servidume de protección de costas os adxudicatarios deberán tramitar a correspondente autorización ante o Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

https://www.youtube.com/watch?v=Be3Bcq–5V0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.