Muros

Feijóo aposta por intensificar a cooperación coa República de Cabo Verde, “unha terra chea de oportunidades” en eidos como a pesca, o turismo e o medio ambiente

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou hoxe por intensificar a cooperación coa República de Cabo Verde, “unha terra –dixo- chea de oportunidades” en eidos como a pesca, o turismo e o medio ambiente.
Tras unha reunión co presidente do país, Jorge Carlos de Almeida Fonseca, Feijóo destacou a súa visita como un chanzo máis na relación entre ambos os pobos, que xa fora selada no Memorando de entendemento asinado entre o Goberno galego e o caboverdiano o ano pasado.

A través desta sinatura estanse a promover actuacións encamiñadas a contribuír ao progreso e á mellora da calidade de vida dos cidadáns de Cabo Verde. Así como a reforzar os lazos que unen ambos os territorios, especialmente os vínculos coa lusofonía.
O titular do Executivo autonómico lembrou que hai xa catro décadas que Burela se converteu na capital da comunidade caboverdiana en Galicia, onde vive xa a terceira xeración de caboverdianos nados en territorio galego.
Feijóo concluíu incidindo en que Galicia é unha terra que, lonxe de construír muros, avoga por tender pontes, consciente de que abrirse a outras comunidades é compartir fortalezas. “E nós queremos seguir aproximándonos a Cabo Verde, seguir aprendendo da súa xente e seguir convivindo e compartindo experiencias”, asegurou.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.