Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA DE GALICIA FIXA COMO OBXECTIVO ACADAR AS 10.000 VIVENDAS PÚBLICAS NO ANO 2030

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este martes en Pontevedra a sinatura do II Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030, unha folla de ruta estratéxica coa que o Goberno autonómico busca duplicar o parque público de vivenda e garantir o acceso a un fogar.
Segundo explicou, a Xunta realizará un esforzo investidor directo de preto de 2.000 millóns de euros para alcanzar as 10.000 vivendas públicas no horizonte de 2030, nun pacto que nace do consenso co sector e no marco do Observatorio da Vivenda.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil