A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, PDRA, e as confrarías e agrupacións de mariscadoras e produtores de mexillón compareceron esta mañá para facer un balance do sector unha vez rematado o 2025. Os representantes das entidades denunciaron a falta de investimentos realizados por parte do Goberno galego para controlar os vertidos de augas residuais á ría. Algo que está a prexudicar a un dos principais motores sociecomómicos da zona.
AS PERDAS ECONÓMICAS DO MARISQUEO NA RÍA DE AROUSA ACADAN OS 59 MILLÓNS DE EUROS SEGUNDO APUNTOU A PDRA


