O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, renovou hoxe o compromiso co deporte galego e coa alta competición e anunciou unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas galegos de alto nivel acadados nos anos 2015 e 2016.
Durante a recepción aos campións galegos en competicións internacionais, Feijóo destacou o esforzo, o sacrificio e a entrega de todos eles, valores que, segundo aseverou, “convértenos nunha representación de todo o que os galegos somos e do que todos os galegos aspiramos a conseguir”.
Así mesmo, tivo palabras de recoñecemento para os adestradores, os equipos técnicos, os clubs e as federacións, “profesionais que, desde a súa experiencia, saben converter as debilidades en fortalezas”; e para as familias, os amigos e os afeccionados, “porque eles vos impulsan en cada salto, en cada lanzamento ou en cada palada. Sempre ao voso carón, sufrindo coas caídas e celebrando os triunfos”.
Feijóo avanza unha partida de 500.000 euros para recoñecer os méritos dos deportistas galegos de alto nivel
Please login to join discussion