Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DO APOSTOLADO DO MAR COÑECEU DE PRIMEIRA MAN NA POBRA A FUNCIÓN DE GARDACOSTAS DE GALICIA

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, achegouse esta mañá ao porto comercial da Pobra onde se reuniu con representantes do Apostolado do Mar, Stella Maris. O bispo emérito de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, encabeza dende hai pouco esta organización internacional logo de ser elixido responsable mundial. O encontro desenvolveuse na embarcación de Gardacostas Mar de Galicia e nel analizáronse vías de colaboración orientadas a reforzar a atención humana, social e asistencial ás persoas que traballan no ámbito marítimo.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil